jueves, 18 de septiembre de 2008


Voltaron os rapaces de Balas Perdidas.
Este pasado martes 16 de setembro, dous días despois do Skaralampio, Suso, Miki e Miguel estiveron de novo emitindo polas ondas hertzianas melidenses.
No programa soaron os seguintes temas, entre outros:
Gary Moore (Moving on), Victims Family (Abuse), Volxtrum (Haarschewein), B.Beilage (Karushi), G.Forte (La banda a bonnot), The Peeeping T. (Engine number 1966), Red Alert (In Britain), Skalariak (Maldita tu suerte), Devilskins (Teacher Alex), F.Z - Vol. 6 (Lisa´s life story), Steve Vay (Sisters), Agresive C. (My land), Gilberto Gil (Ella), Los Enemigos (Por la sombra), Gribaldo Forte (Ramiccia made in U.s.a), C.r.a.g ("Don Samuel Jazmin), G.Winston ("Miles city train"), Def con dos (De cacería), Twisted Sister (Me and the...), Mojo (Afel Bocoum), Victims F. ("Doo dooo"), Up front (Something to ..), Bad Religion (Kerosene), K.Veneno (La muchachita), Velvet Underground (Run run run)..., Floggin Molly ou Kumpania Algazarra entre outros.
Foto: Camiseta para o San Caralampio 2008. Balas Perdidas. Peña Skaralampio.

lunes, 19 de mayo de 2008


No programa do martes 13 de maio, Balas Perdidas vestiuse de gala para recibir nos estudios centrais de Radio Melide a todo un personaxe e a todo un persoeiro.
José Luis Vidal, Vidal de Boimorto, un tipo moi peculiar pero ante todo auténtico.
Falou para os oíntes de Barón Rojo, é do que supuxo para el aquelas primeiras escoitas nos primeiros oitenta.
Vidal era o segundo convidado do programa na sección que se inaugurou a semana anterior con José de Palas.
Aínda non ten un nome moi definidio pero a sección podería ser: "Hoxe connosco...."
Moi orixinal, jajja

lunes, 21 de abril de 2008


Alá por xaneiro comezaba a andaina polas ondas hertzianas do programa "Balas Perdidas" conducido por Suso Aceiteiro e coa colaboura de Miki, Miguel, Riki e Peke.
A "arquitectura do contraste" e as cancións que non soan normalmente na radiofórmula son os pilares do programa, que se emite tódolos martes de 7 a 9 da tarde en Radio Melide, no 107.1 fm.
Un programa, de momento musical, no que a sabiduría, a experiencia, o carisma, o seu peculiar estilo, e a extensa discografía de Suso(sobre todo en vinilo) ten un protagonismo especial , ademais do coñecemento da música folk e das músicas do mundo por parte de Miki, as espontáneas intervencións de Miguel (técnico títular) e as cancións traducidas de Riki.
Aquí vos quedan unhas fotos, correo electrónico: balasperdidas008@yahoo.es

Arquitectura do contraste